EN TERRA PERIGOSA. (1996), Xesús Manuel Marcos


“INTRODUCCIÓN

Pelos Sánchez conducía cos seus fortes brazos estirados e as grosas mans no volante. Levaba o asento para atrás porque case non collía no cento vintecatro marelo e sen letra. A agulla da velocidade marcaba os cento corenta por hora, todo o que daba. Harpo ía ó seu carón bebendo cervexa e Mini detrás, a fumar e chuchar do seu bote de Limos.
Deitábase o día, esmorecía a lingua de lume en Ermelle. As liñas discontinuas da nacional pasaban zumbando.
–¡Atento, ese é o cruce! –dixo Harpo.
Pelos Sánchez deu un volantazo e saíu da estrada derrapando. Seguiron por un tramo de bo firme ata que enlazaron coa enfochada comarcal.
–¿Levas todo apuntado? –preguntou Pelos.
–Con pelos e sinais –riu Harpo–. Coñezo o mapa de memoria, repaseino cen veces.
Colleuno e mostroulle a Pelos os lugares marcados a rotulador.
–Están marcados tódolos puntos, onde faremos unha visita de cortesía, ou onde será verdadeiramente descortés. Só me falta por debuxa-lo camiño de volta.
Ríronse os dous. Harpo aproveitou para ollarse no retrovisor e peitearse. Observou con preocupación os pequenos puntos vermellos que lle escomenzaban a saír na fronte.
Mini ía lago triste. O seu noivo, Uxío, había pouco que morrera. Un serán estaban os dous beixándose no xardín da casa. Aproveitaban que Bina, a nai de Mini, non estaba. A rapaza entrou polo xeo para a bebida. Daquela, unha avioneta que traballaba fumigando os frutais de Bina calculou mal e soltou a carga velenosa riba de Uxío, que morreu asfixiado, inchado como unha sandía. Mini sorbeu os mocos, bebeu un grolo de Limos e abriu o caderno…”

(Comienzo de En terra perigosa)

___________________________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s