BROOKLYN FOLLIES. (2005), Paul Auster


“APERTURA

Andaba buscando por un lugar tranquilo onde ir morrer. Alguén me recomendou Brooklyn, así que ao outro día baixei ata alí desde Westchester para recoñecer o terreo. Había cincuenta e seis anos que non volvía pola zona e non me acordaba de nada. Aínda que meus pais se mudaran de cidade cando eu tiña tres anos, atopeime volvendo instintivamente ao barrio en que viviramos, arrastrándome ata o lugar do meu nacemento coma un can mancado que volve á casa. Un axente inmobiliario da zona mostroume seis ou sete pisos en edificios de ladrillo rubio e, en chegando o serán, xa tiña alugado un apartamento de dous dormitorios e xardín na rúa Primeira, a pouco máis de medio bloque de Prospect Park. Non tiña nin idea de quen eran os veciños, nin falta que me facía. Traballaban todos de nove a cinco e ningún tiña cativos, o que me garantía que o edificio ía estar relativamente tranquilo, que era xustamente polo que eu máis devecía. Un final silencioso para a miña vida triste e ridícula.”

(Comienzo de Brooklyn follies)

___________________________________________________________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s