DON XOÁN (CONTADO POR SI MESMO). (2004), Peter Handke


“Don Xoán estivera dende sempre á procura dun oínte. Un bo día encontrouno en min. Non me contou a súa historia en primeira persoa, senón en terceira. Sexa como sexa, así é como adquiriu sentido para min.
Daquela, temporalmente cociñaba eu para min só no meu albergue, próximo aos restos de Port-Royal-des-Champs, o máis famoso mosteiro francés do século XVII, e tamén o de peor fama. Por entón, os dous cuartos destinados aos hóspedes tamén formaban parte das miñas estancias particulares. Pasaba todos os invernos e mais o inicio das primaveras facendo unha vida que consistía en preparar a comida e traballar na casa e mais no xardín; pero, sobre todo, en ler e, ao mesmo tempo, en contemplar, ben dende unha, ben dende outra, un edificio que noutrora fora do porteiro de Port-Royal-des-Champs.”

(Comezo de Don Xoán (contado por si mesmo))

____________________________________________________________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s